[eidos]

obradoiro nómada de arquitectura

“alto el fuego!” Xuño 15, 2009

Arquivado en: Uncategorized — danielovalle88 @ 6:14 pm

porfolio resumo do proxecto de urbanismo do meu grupo para unha área de 17 hectáreas nos antigos terreos militares de campamento, no bairro madrileño de aluche, un bairro proletario e popular ao sur do cenro da cidade e xunta a autoestrada madrid-lisboa.

a proposta toma en considerazón e pon en valor a colonia militar de vivendas unifamiliares de planta baixa que forma parte do eido de actuazón. en xeral os criterios fundamentais da proposta son:

-mestura de usos

-mestura de grupos sociais

-alta densidade [coeficiente de edificabilidade 1, taxa de 90 vivendas por hectárea]

-atomizazón e interconexión dos espazos verdes públicos e dos equipamentos

alto el fuego!

 

vivenda-fraga Xuño 14, 2009

Arquivado en: Uncategorized — danielovalle88 @ 1:42 pm

panelunpaneldous

 

proposta de asamblearismo na política local Abril 1, 2009

Arquivado en: Uncategorized — danielovalle88 @ 1:10 pm

a meirande parte dos cidadáns do estado admiten ou louvan ou consideran necesaria a división en comunidades autónomas do estado español. esta división é a que é e non outra por asuntos históricos, políticos e identitarios. as comunidades autónomas pretenden ser herdeiros contemporáneos de reinos, condados ou pobos que se teñen sucedido na historia da península.

o problema chega coa seguinte escala. do mesmo xeito que no estado convven comunidades grandes coma andalucía e comunidades pequenas coma euskadi; a organización interna destas comunidades debera ser axeitada ás súas características.

na galiza por exemplo temos catro provincias e uns cantos centos de concellos. nino as unhas nin os outros reflicten as unidades sociais, demográficas, políticas, medioambientais ou paisaxísticas do país.

asimesmo, a única división administrativa que se ten mantido durante séculos de historia de galiza, as parroquias (que teñen a súa correspondencia coas freguesías portuguesas) foron desprovistas de toda entidade política, cando mesmo no eido urbano son a unidade básica de poboación.

velaquí apresento un sistema se transición que por unha banda permitiría democratizar a administración local, moi pouco democrática nas grandes cidades e que adaptada a grandes eidos rurales (véxase comarcas) daría entiade política ás parroquias e servería de marco para unha nova organizazón territorial da nosa terra.

diagrama-democracia-gl

 

entrega daniel ovalle – gep otoño08 Decembro 19, 2008

Arquivado en: Uncategorized — danielovalle88 @ 7:53 am

Se desarrrollan, a partir de la matriz, cuatro artefactos.

Estos cuatro artefactos se insertan en el proyecto “residencia MySpace” en Trondheim (Noruega) de Clara Murado, Juan Elvira y Enrique Krahe, galardonado recientemente con un primer premio en el concurso Europan 9.

Así de alguna manera se experimente con insertar el trabajo propio en una arquitectura ajena y en pleno proceso de diseño.

Los cuatro artefactos son:

-el forjado mágico: forjado que nos permite definir la cota en cada punto de un pavimento

-el papel pintado que me atacó: un revestimiento interior para paredes que permite variar el volumen de la habitación y crea un espacio intersiticial multiusos entre el muro y la habitación

-el falso techo blando: una estructura metálica de rieles que sostiene u sistema de telas que permite almacenar todo tipo de objetos en el falso techo de una habitación, albergar actividades que son desagradables (ropa secándose, etc) permitiendo u acceso fácil a las instalaciones.

-la terraza descolonizadora: en un contexto de cambio climático y de búsqueda de formas sostenibles de habitar el territorio se propone descolonizar las zonas rurales de población muy dispersa para devolverlas al medio natural. la terraza descolonizadora recoloca en las fachadas de la ciudad a ese contingente de jubilados/grucultores amateur que llevan a cabo una actividad saludable y sostenible.matriz-evolucion

planta

seccion

anexos:
prototipo de falso techo blando:
vídeo resumen del trabajo desarrollado en el taller bartlett por el grupo integrado por:
paula villanueva, maría gonzález, gonzalo navarrete, pablo alarcon y daniel ovalle

 

a cidade bartlett Decembro 16, 2008

Arquivado en: Uncategorized — danielovalle88 @ 10:22 pm

perversión dos traballos dos facendosos estudiantes da unit 20 da bartlett school por parte de cinco desaprenisvos alumos do grupo de exploración proxectual da etsam que non mostran o máis mínimo respecto polo traballo alleo e habería que colgalos dalgún sitio.

 

que está a pasar??? Outubro 16, 2008

Arquivado en: Uncategorized — danielovalle88 @ 6:49 am

EL PAÍS – hoxe

Diez países piden que se aplace la lucha contra el cambio climático

EL PAÍS – hoxe

El granero indio estaba envenenado

El cáncer y otras enfermedades se ceban con los habitantes de Punjab – El abuso de fertilizantes durante 40 años ha contaminado las aguas

Público – onte

Rouco dice que el laicismo radical desembocó en el comunismo y el nazismo

Público – hoxe

Batalla antiaborto en alta mar

Los provida boicotearán al Woman on Waves, el barco que llega este jueves a Valencia para practicar abortos

Vieiros – hoxe

Portugal rexeita a opción luso-galega e apoia a España coa dieta mediterránea

Ademais da indiferenza de Madrid, que preferiu presentarlle á lista da Unesco para o patrimonio inmaterial as iniciativas do sur peninsular, o goberno luso dálle tamén as costas ao proxecto de Ponte nas Ondas.

Vieiros – onte

Desmontan as vías en Galiza e inxectan mil millóns nos trens de proximidade en Andalucía

 

prototipo de falso teito brando Outubro 12, 2008

Arquivado en: Uncategorized — danielovalle88 @ 8:29 pm

exercicio do obradoiro de proxectos do grupo de exploración proxectual da Esacola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid, coordinado por Andrés Perea, Izaskun Chinchilla, Paula Montoya e José Luis Vallejo e coa participación de Salvador Pérez Arroyo e María Jesús Muñoz dentro do programa de innovación educativa que lle ten concedido a Universidad Politécnica de Madrid

 

 

grafittis de pontevedra Setembro 14, 2008

Arquivado en: Uncategorized — danielovalle88 @ 4:21 pm

ahí vai, despois das vacacións, unha selección dos mellores murais que engalanan as paredes da boa vial.

 

galega de ferrocarrís Setembro 11, 2008

Arquivado en: Uncategorized — danielovalle88 @ 11:55 am

O desenvolvemento das áreas densamente poboadas do primeiro mundo rompeu durante o século pasado o modo de vida do cidadán de a pe.

Na primeira metade do século pasado, a cidade dos Ángeles aprobou un plan urbanístico para se expander por toda a chaira do condado dos Ángeles con densidades de poboación moi baixas, apoiándose nunha rede de autoestradas suburbanas.

Hoxe, o anxelino medio percorre preto de 100km só para ires a traballar.

O mesmo sucede nas rexións urbanas de Tokio, Nova Iorc ou Holanda.

 

O noso país non queda moi atrás diso. Aínda que nos tempos da grande expansión dos Ángeles a Galiza presentaba aínda un atraso moi importante con respecto ás grandes rexións urbanas do mundo, na época actual ninguén -agás quizais os políticos- pode nega-la existencia e a importancia a nível europeo da rexión urbana do eixo atlántico: a franxa de alta densidade de poboación que discorre paralela ao Atlántico dende Ferrol ata O Porto e mesmo ata pasado Lisboa.

 

É psíbel que nun futuro a medio prazo e mesmo coa inoperancia dos políticos na contra a rexión urbana do eixo atlántico progtresará no seu funcionamento como rexión urbana, racionalizando e compartindo recursos e formando un ámbito de intercambio cultural e económico fluído. A ilo vai contribuir sen dúbida o tren de alta velocidade, que achegará as grandes cidades do eixo entre si. E con isto comeza o meollo do asunto.

 

O AVE do que tanto se ten falado non vai pasar por ningún dos tres aeroportos que compartimos os dous millóns setecentos mil galegos (nove centos mil galegos por aeroporto), maís si polo novísimo aeródromo de Sá Carneiro, que comparten os case catro millóns douscentos mil portugueses do norte. Pode que dentro de dez anos o aeroporto do Porto estea “máis preto” do centro de Vigo que o de Peinador. Aí fica a cousa.

 

Pero non é este o único fallo que ten o AVE. Vaia, non o AVE, a planificación territorial do goberno central, que é inexistente e lévao sendo moitos anos. Esta mesma semana escribía a EL PAÍS un home queixándose da desaparizón dos servizos entre Madrid e Barcelona que adoitaba prestar Renfe antes da imnauguración do AVE. O lector, con moito tino, apuntaba que non tódolos petos poden asumi-lo que custa un billete de AVE e para quen non ten présa, os trens tradicionais poden ser unha alternativa económica e aceptábel.

 

Penso que o mesmo ten pensado facer Renfe en Galiza. O ruído da plataforma Salva O Tren déixao moi claro. Tamén a proposta que fixera na campaña para as eleccións xerais de 2008 a candidata do bloque por Lugo Paz Abraira. Proposta que relanzou estes días como concelleira na cidade de Lugo ante o que ela -e moitos galegos- consideran un atraco e é a subvención que paga a Xunta a Renfe por mante-la liña A Coruña-Lugo-Monforte.

 

Paz Abraira propón logo a creación dunha compañía pública galega de ferrocarril que explote esa liña e poña en funcionamento outras dúas que conecten as vilas máis importantes da provincia de Lugo. Malia que algúns lles pareza unha toleira, non lle falta razón a Paz Abraira. A dispersión da poboación, que é pouco desexábel aos niveis aosn que ten chegado no noso país, arránxase con medidas que tendan a concentra-la poboación que vive dispersa ao redor dun polo moi diluido, de xeito que ese polo -chámalle Sarria, chámalle Monforte de Lemos- se redensifica, se compacta e se enriquece económica, social e culturalmente. O tren é unha boa medida para o conseguir.

 

Mais a compañía galega de ferrocarril non soio terá que se facer cargo do tren na comarcas de Lugo. Co AVE desaparecerán os trens laranxas que aínda hoxe percorren o eixo atlántico parando en vilas como Padrón ou Redondela ademáis das cidades de Santiago ou Vigo. A Renfe só nos vai ofrecer un servizo express entre os polos importantes do eixo: A Coruña-Vigo, Santiago-Porto… máis fai falle que ao redor deses polos xordan eixos máis cativos que nos leven ás vilas que orbitan en torno ás cidades, así como un eixo paralelo que se use para a proximidade: Pontevedra-Vilagarcía, Santiago-Padrón, etc.

 

De non ser así, tanto a Xunta como o goberno central con Renfe de cómplices, cometerían unha enorme inxustiza social, dado que un ferrocarril áxil e barato é tan importante como o AVE. En que me baso?

 

O eixo atlántico ten unha estructura liñal. Ven sendo unha macro-cidade liñal. A finais do dezanove, Arturo Soria propuxo en Madrid un modelo de cidade con estructura liñal. En torno a un eixo de comunicación xorderían servizos industrias e vivendas. O que pretendía era circunvala-lo centro de Madrid non cunha autoestrada como se fixo, máis cunha cidade distinta á que xa existía. Pois ben. Arturo Soria insistía na idea de que pare fundionar correctamente facía falta que polo eixo houbera unha liña de trasnporte rápido con poucas paradas e outra paralela con moitas paradas para tráfico local. Máis exemplos? O metro de Nova Iorc, ten tódalas súas liñas desdobradas. Cada liña ten unha versión local, con parada en tódalas estacións, e unha versión express, con parada só nas mais importantes.

 

O eixo atlántico non soio pide alta velocidade a berros, tamén pide tren de proximidade.

 

río dos gafos – pontevedra Maio 14, 2008

Arquivado en: Uncategorized — danielovalle88 @ 2:24 pm

o concello de pontevedra está a rehabilita-lo tramo do río dos gafos que discorre polo centro da cidade.

sería inxusto falar desta loábel iniciativa sen facer mención aos veciños que durante varios anos antes de que o concello se decidise a aborda-la cuestión acodiron cada domingo a facer labores de limpeza nas beiras do río de xeito voluntario e desinteresado. ou máis ben por interese na calidade da nosa paisaxe urbana.

o caso é que o goberno coaligado BNG-PSdeG do concello de pontevedra leva xa rehabilitado o tramo de oittocentos metros que vai da ponte da estación de autobuses ao barrio de campolongo, onde o río queda soterrado. agora estase a levar a cabo a rehabilitación do tramo que vai dende o entorno da rúa rosalía de castro ata a desembocadura do río na ría de pontevedra.

o que máis me gustaría destacar desta inciativa é por unha banda a intención de mante-la paisaxe típicamente galega orixinal, mantendo as especies autóctonas que xa poboaban as beiras do río dos gafos reducindo a actuación a facer este entorno  agradábel para o paseo e o recreo.

aparece así un novo espazo urbano que debería te-las súas réplicas noutras cidades e vilas galegas nas que o río é máis un vertedeiro que disgrega a cidade ca un verdadeiro espazo urbano, e menos coa calidade paisaxística desta intervención.

xulagde vós mesmos.

 

 
Seguir este blogue

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.