o concello de pontevedra está a rehabilita-lo tramo do río dos gafos que discorre polo centro da cidade.
sería inxusto falar desta loábel iniciativa sen facer mención aos veciños que durante varios anos antes de que o concello se decidise a aborda-la cuestión acodiron cada domingo a facer labores de limpeza nas beiras do río de xeito voluntario e desinteresado. ou máis ben por interese na calidade da nosa paisaxe urbana.
o caso é que o goberno coaligado BNG-PSdeG do concello de pontevedra leva xa rehabilitado o tramo de oittocentos metros que vai da ponte da estación de autobuses ao barrio de campolongo, onde o río queda soterrado. agora estase a levar a cabo a rehabilitación do tramo que vai dende o entorno da rúa rosalía de castro ata a desembocadura do río na ría de pontevedra.
o que máis me gustaría destacar desta inciativa é por unha banda a intención de mante-la paisaxe típicamente galega orixinal, mantendo as especies autóctonas que xa poboaban as beiras do río dos gafos reducindo a actuación a facer este entorno agradábel para o paseo e o recreo.
aparece así un novo espazo urbano que debería te-las súas réplicas noutras cidades e vilas galegas nas que o río é máis un vertedeiro que disgrega a cidade ca un verdadeiro espazo urbano, e menos coa calidade paisaxística desta intervención.
xulagde vós mesmos.



Iniciativas como esta espero que se repitan en toda la geografía española. Un saludo, y felicidades por el blog.